Thursday 02 de May de 2024

Poxa de oito turismos e dous ciclomotores abandonados no municipio de Riveira


O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe un anuncio no que se comunica unha nova poxa de vehículos abandonados no municipio de Riveira.

Estes vehículos atópanse na vía pública ou almacenados no depósito municipal e, co anuncio de hoxe, se pon en coñecemento dos seus titulares a apertura d s expedientes correspondentes para a súa execución por causar risco na vía pública ou non poder ser convervados sen sensible deterioro.

Cantas persoas se consideren afectadas poderán formular unha reclamación dentro do prazo de oito (8) días a contar desde o seguinte ó da publicación no BOP. Os vehículos (dez en total: oito turismos e dous ciclomotores) irán destinados a material non utilizable.

O sistema de adxudicación dos vehículos será o de poxa á plana, non admitíndose posturas inferiores aos 500 euros por todos os vehículos; celebrarase no depósito municipal sito no polígono de Xarás, s/n de Riveira, ás dez (10:00) horas do decimoquinto (15º) día hábil, a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (si resultase ser sábado, celebrarase o primeiro día hábil seguinte).

A forma da poxa dos vehículos será nun único lote, e unicamente poderán licitar aquelas persoas que se atopen de alta no Imposto de Actividades Económicas, e estean autorizadas pola Xunta de Galicia como Xestores de Residuos de Vehículos ao final da súa vida útil (Centro Autorizado de Tratamento de Vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación).

Os adxudicatarios disporán dun prazo de 48 horas, seguintes á poxa, para satisfacer en efectivo o prezo do remate e para retira-los vehículos. Os que non sexan retirados no devandito prazo entenderase que o adxudicatario renuncia de xeito tácito ós mesmos e non se procederá por parte da Administración á devolución do prezo do remate.